NOTICIA

Marbella, New York e Televisión abren este venres o programa Verbenalia da TVG

Marbella, New York e Televisión abren este venres o programa Verbenalia da TVG

As orquestras Marbella, New York e Televisión serán as encargadas de abrir mañá o programa Verbenalia que, cunha duración de tres horas, se apoia sobre todo no humor e na música en 'vivo' das orquestras galegas, presentado por Rodrigo Vázquez, sustituirá ao Luar todos os venres, durante os meses de agosto e de setembro na grella da TVG.

Dezoito das mellores orquestras de Galicia, algúnhas gravadas nos seus propios escenarios, participan neste 'show', xuntamente con outras tantas agrupacións de música tradicional, sobre todo as especializadas na música 'festeira', ou música 'de furancho', habituais mas chamadas 'sesión vermú'.

Os sete programas especiais de Verbenalia para o verán, que dirixen Suso Iglesias e Teo M. Abad, e producen Tex-45, Suído e Ainé, para a TVG, apostan sobre todo pola frescura e a espontaneidade da música gravada 'en vivo', e uns contidos que amosan o mundo da verbena en Galicia tal e como se produce na actualidade, no que xoves e adultos participan con igual entusiasmo.

A estrutura do programa ten moito que ver co que se podería considerar "un día de festa". Primeiro a sesión vermú, co pregoeiro convidado e a música tradicional; despois o momento no que a Comisión de Festas emite o seu xuizo sobre as orquestras contratadas; de seguido, a verbena en si mesma con dúas orquestras que compiten no 'campo da festa', e finalmente o 'segundo pase', cunha orquestra convidada a actuar no seu propio escenario ante 5.000 personas.

Leer más...
(Pulsar sobre el enlace para seguir leyendo el reportaje)