Monia Borges ten a posibilidade de alcanzar o Pase de ouro en A Liga dos Cantantes Extraordinarios
A sexta gala de A Liga dos Cantantes Extraordinarios (22:00 horas) chega esta noite á TVG nunha momento en que os concursantes comezan a tomar posicións no concurso. A xornada de hoxe estará cargada de sorpresas, e nela non faltarán, como é habitual, a música, o talento e o humor.
No programa de hoxe, Monia Borges (Marbella) ten a posibilidade neste programa de alcanzar o Pase de ouro. Un pasaporte directo para a final que consegue o que triunfe en tres galas. Para iso deberá vencer a David Seara (Finisterre), Yennia (La Fórmula), Fran Castellanos (Saudade), Rita Barreiro (Charleston), Irene Iglesias (Panorama), Marga Vilar e o gañador do duelo de entrada entre Alba Navarro (Satélites) e Kris Somad (Capitol).
Ademais, estréase unha nova sección: A Liga Exhibition Center’ en que os concursantes interpretan temas propios fóra de concurso. Hoxe é a quenda de Nando Llon (Génesis), que actuará coa súa canción Chejou o vran. A isto hai que unirlle as actuacións do xurado interxeracional. Os representantes da bancada dos Netos, os Monoulious DOP, abren a festa con Move os pés e a voceira dos Avós, Pili Pampín, aceptará un dúo co colaborador César Romero.
En A Liga dos Cantantes Extraordinarios haberá esta noite dúas horas de música en directo, coas mellores voces da verbena galega aderezadas con moito humor.
Directo en Facebook
Tras o remate da retransmisión televisiva César Romero (Cinema) e Rubén Pérez (Valexo) participarán nun directo en Facebook no que falarán con distintos participantes no concurso para comentar a gala da noite e comentar algunhas anécdotas.